19 de dezembro de 2007

a vaca pinta

Máis deseños de animaliños aquí ...


...e esta aquí.

18 de dezembro de 2007

Que merda de mecánicos...

...por se non fora bastante con esta cousa do frio e das xiadas, resulta que os humanos tamén se alian na miña contra...

..novo incidente automobilistico, esta vez por culpa do listo que me cambiou as pastillas de freo... non sei que é mellor, se rir ou chorar...

13 de dezembro de 2007

Outra de vacas???

5 de dezembro de 2007

Que merda de clima


Este domingo, tiven un incidente, que podemos considerar pouco mais que un susto... salvo para o furgón claro, que está no taller ( a defensa o radiador e nonseiquemais)

O tema e que habia moita néboa no Candán ( e xa sabedes como se poñen as pistas con esto), e derrapei nunha curva bastante sinxeliña. O caso é que fun parar á cuneta espetando o morro nun talude ...ia despacio, e non pasaria nada se non houbera unha pedra grande no medio da miña traxectoria...

O que me da medo, é pensar o que tería pasado se en vez dun talude houbera un terraplén ou similar...

Xa sabedes, moito tino na carretera, que está a cousa moi mala

1 de dezembro de 2007

a Brancaneves bovina, ou como sacar unha mazá da gorxa dunha vaca



Se vos preguntades como se fai, é simple:

-Amarrar a vaca

-Meter a man pola gorxa

-Sacar a mazá

... hai que ver o complicado que pode chegar a ser o tema... 

Tres veterinarios, mais cinco veciños, mais os ferros da estabulación fixa e a canalización do leite... todos mazados...( ...vale, os veciños non, que non se achegaban moito...)

...e iso que era unha novilla...

...non sei eu...


...aqui estamos... non sei eu se isto do blog é para min, pero triz está a por tanto empeño no tema, que terei que tentalo...

Non é que non poida ver as virtudes deste asunto, pero dubido da miña  capacidade como comunicadora...

een fin.... xa se verá.