29 de julho de 2009

No novo traballo

Síntome un pouco rara no novo traballo, como se estivese alí de forma temporal... supoño que será porque levo solo unha semana...e que a cousa cambiará despois das vacacións, pero non sei... espero non ter errado na miña decisión...
Pero para dicir a verdade, o traballo aparenta menos rutineiro ca en Silleda, e nesta semana xa estiven en varias cirurxias (sen facerse ilusións, todo cirurxia menor), e diagnosticamos un par de casos interesantes.
Tentarei sacar algunha foto de cousas chulas, para que as poidades ver, prometo non poñer nada moi asqueroso.

8 de julho de 2009

O ataque do lobo


Hoxe tiven un traballo atípico: ir verificar un ataque de lobos... e deberon ser... ainda que a miña formación como bióloga e etóloga non é que sexa moi boa...
O reconto final foi, 5 ovellas feridas, 6 mortas, das que unha foi completamente devorada, e as outras sen tocar a penas..so tiñan lesións no pescozo, igual que as feridas...
¿¿¿ alguén me pode verificar se este é o comportamento habitual???
Por enriba, non levaba a cámara de fotos, así que tirei algunhas co móbil, e son bastante malas. que se lle vai facer...

2 de julho de 2009


...gustavos???... tireina o outro día no Candán, cando o coche me deixou tirada por enésima vez... estes cacharros son ben grandes, a verdade... non puiden sacar moitas máis porque as moscas me tiñan acribillada, pero había tempo que lle tiña ganas...