24 de dezembro de 2009


Xa vai tempo que non me poño a escribir por aqui... quizais coa fin do verán o traballo se volveu menos estresante... non sei...
Prometera colgar algunha foto do meu novo traballo e xa van alá 6 meses e non puxen nin a primeira, asi que andiven a ver que aparece por aqui para compartir... algun paciente, para non meternos en profundidades ¿non?

...Pois ai está Bocoi, un San Bernardo irresistible...

3 de outubro de 2009

Non sei que dicir do meu novo traballo

que é unha merda...

29 de julho de 2009

No novo traballo

Síntome un pouco rara no novo traballo, como se estivese alí de forma temporal... supoño que será porque levo solo unha semana...e que a cousa cambiará despois das vacacións, pero non sei... espero non ter errado na miña decisión...
Pero para dicir a verdade, o traballo aparenta menos rutineiro ca en Silleda, e nesta semana xa estiven en varias cirurxias (sen facerse ilusións, todo cirurxia menor), e diagnosticamos un par de casos interesantes.
Tentarei sacar algunha foto de cousas chulas, para que as poidades ver, prometo non poñer nada moi asqueroso.

8 de julho de 2009

O ataque do lobo


Hoxe tiven un traballo atípico: ir verificar un ataque de lobos... e deberon ser... ainda que a miña formación como bióloga e etóloga non é que sexa moi boa...
O reconto final foi, 5 ovellas feridas, 6 mortas, das que unha foi completamente devorada, e as outras sen tocar a penas..so tiñan lesións no pescozo, igual que as feridas...
¿¿¿ alguén me pode verificar se este é o comportamento habitual???
Por enriba, non levaba a cámara de fotos, así que tirei algunhas co móbil, e son bastante malas. que se lle vai facer...

2 de julho de 2009


...gustavos???... tireina o outro día no Candán, cando o coche me deixou tirada por enésima vez... estes cacharros son ben grandes, a verdade... non puiden sacar moitas máis porque as moscas me tiñan acribillada, pero había tempo que lle tiña ganas...

26 de junho de 2009


Preséntovos a araña que vive no meu espello retrovisor, é toda unha depredadora...

24 de junho de 2009

Semana triste...

...pretendía facer unha pequena homenaxe a Michi, pero non atopei ningunha foto... e iso ainda me pon mais triste...