24 de junho de 2009

Semana triste...

...pretendía facer unha pequena homenaxe a Michi, pero non atopei ningunha foto... e iso ainda me pon mais triste...

8 de junho de 2009

A decisión está tomada.

Finalmente, tomei a decisión, en canto pasen as vacacións, cambio de traballo, e de vila, ainda que non de xefes... voume para A Estrada, a traballar na clínica de mascotas... ainda que supoño que non abandonarei de todo ás vacas, que alí tamén as hai...

26 de maio de 2009

...hai que ver qu repetitiva que son...

Hai2anos...

...cando empecei a traballar aqui, alguén me dixo que seguro que mais cedo que tarde, nesta profesión o traballo con que se comeza non é suficiente, e un busca novas inquedanzas... non sei se é pola expectativa de cambio, ou por que, pero estou afogada neste choio... necesito cambios xa!!!

(ben pensado igual é o catarro, que me enturba o pensamento)

25 de maio de 2009

Hola outra vez, sigo sin saber que vai ser de min... e cada dia soporto peor aos gandeiros, creo que se me está agriando o caracter...

13 de maio de 2009

...volta atrás...


Despois de máis dun ano sen escribir nada aqui, deume por voltar... supoño que esta ausencia quere dicir que isto dos blogs non é o meu...
Acababa de comezar a traballar aquí en Silleda, e agora van case dous anos... xa teño outro aplomo para o choio... pero aveciñanse cambios... se cadra por iso é que voltei... een fin, eu que sei...

11 de fevereiro de 2008

helado...

jijiji!!! más aquí