27 de dezembro de 2010


Esta beleza é unha mastina do Monte Cabalar...
Chegou case mortiña de todo, por unha infección, e marchou andando co seu dono...
Toda a súa pequena vida no monte, no medio das vacas, e para alí volveu, de volta á liberdade....

11 de novembro de 2010

Exercendo...


O feito de que o meu compañeiro de traballo se vaia de vacacións, déixame a min como responsable do chiringuito... uffff...


Non é que non me guste, dame a oportunidade de facer cousas que habitualmente non son a miña tarefa, pero por outra banda carga sobre min unhas responsabilidades ás que non estou afeita.

De todos modos sobrevivirei; so son 15 días, e tampouco é que non teña ningunha axuda, os xefes andan por ai supervisando... cual Gran Hermano vigilante...
Peor que o ano pasado non me pode ir, tiña moitos mais avisos para facer antes de abrir a clínica, menos experiencia, e tiven algún caso de catastrófico resultado, que ainda me amarga cando me lembro.
Asi que aqui estou, facendo como se fose unha veterinaria competente.
...casi mo creo e todo... je je je...

23 de setembro de 2010

...porque as vacas teñen fama de tontas...


Última curiosidade que fotografei asi por casualidade, fun visitar unha vaca enferma, e cando iamos de volta tiña unha compañeira da seguinte guisa...

3 de julho de 2010


...Asi pasando do tema vai facer un ano que non me paso por aqui, a verdade é que non teño moita vocación de blogueira... iso que de vez en cando penso, " isto estaría ben para o blog.." pero logo non fago nada..
A verdade é que todo segue igual, quizais podería decir que son unha veterinaria un tanto máis competente no que respecta ós pequenos animais, pero un tanto menos no que se refire ós grandes... een fin... eche o que hai.