11 de novembro de 2010

Exercendo...


O feito de que o meu compañeiro de traballo se vaia de vacacións, déixame a min como responsable do chiringuito... uffff...


Non é que non me guste, dame a oportunidade de facer cousas que habitualmente non son a miña tarefa, pero por outra banda carga sobre min unhas responsabilidades ás que non estou afeita.

De todos modos sobrevivirei; so son 15 días, e tampouco é que non teña ningunha axuda, os xefes andan por ai supervisando... cual Gran Hermano vigilante...
Peor que o ano pasado non me pode ir, tiña moitos mais avisos para facer antes de abrir a clínica, menos experiencia, e tiven algún caso de catastrófico resultado, que ainda me amarga cando me lembro.
Asi que aqui estou, facendo como se fose unha veterinaria competente.
...casi mo creo e todo... je je je...

Nenhum comentário: