Que merda de clima
Este domingo, tiven un incidente, que podemos considerar pouco mais que un susto... salvo para o furgón claro, que está no taller ( a defensa o radiador e nonseiquemais)
O tema e que habia moita néboa no Candán ( e xa sabedes como se poñen as pistas con esto), e derrapei nunha curva bastante sinxeliña. O caso é que fun parar á cuneta espetando o morro nun talude ...ia despacio, e non pasaria nada se non houbera unha pedra grande no medio da miña traxectoria...
O que me da medo, é pensar o que tería pasado se en vez dun talude houbera un terraplén ou similar...
Xa sabedes, moito tino na carretera, que está a cousa moi mala
Nenhum comentário:
Postar um comentário